Os nosos servicios

Asesoramento

Optimiza o manexo da túa granxa con apoio experto e a medida.

Acompañámoste na toma de decisións clave para mellorar a produtividade, organizar mellor os traballos diarios e adaptar os recursos dispoñibles ás necesidades reais da explotación.

Axudámosche a planificar quendas, xestionar tempos de descanso, optimizar a alimentación, ou mellorar os protocolos de hixiene e benestar animal.

O noso obxectivo é que o día a día da túa granxa sexa máis eficiente, sostible e doado de levar.

Introducción ao robot de muxido

Adaptación ao muxido automático

Instalar un robot de muxido é só o primeiro paso. O verdadeiro reto chega cando as vacas deben adaptarse á nova rutina de ordeño automático.

En Servicios Ganaderos VG ofrecemos un servizo integral de acompañamento durante todo o proceso de posta en marcha do sistema.

Traballamos con calquera modelo do mercado (GEA, DeLaval, BouMatic, Lely, entre outros) e axudamos ás vacas a adaptarse de forma progresiva, reducindo o estrés e garantindo un funcionamento óptimo do equipo.

Organizamos a rutina da granxa xunto co gandeiro ata que o sistema acada o seu rendemento completo. Todo cun prezo pechado, sen gastos ocultos nin sorpresas.

Se estás a dar o paso ao muxido automático, comeza con garantías.

Campañas de ensilado

Recollida, picado e ensilado eficiente para garantir forraxe de calidade.

Contamos con persoal especializado para facer unha campaña de ensilado rápida, segura e organizada. Encargámonos da recollida e picado da herba ou millo, asegurando un enchido homoxéneo e unha compactación axeitada do silo.

Así garantimos unha conservación óptima e un forraxe de alta calidade para alimentar ao gando durante todo o ano.

Limpeza e desbroce de parcelas

Poñemos a punto cortes e leiras para un espazo limpo e funcional.

Realizamos traballos de limpeza, desbroce e mantemento de parcelas. Eliminamos maleza, silvas e restos vexetais para recuperar a utilidade do terreo e previr pragas ou incendios.

O resultado: un espazo máis limpo, aproveitable e preparado para o seu seguinte uso.

Peche de fincas (pastores, arames, estacados…)

Instalamos peches seguros e duradeiros adaptados a cada terreo.

Ofrecemos solucións de peche a medida para garantir a seguridade do gando e a protección das parcelas.

Traballamos con diferentes materiais e sistemas (pastores eléctricos, arames, estacados de madeira ou metálicos), adaptándonos ás condicións do terreo e ás necesidades da explotación.

Buscamos un peche resistente, funcional e de longa duración.

Retirada de abono e limpeza de esterqueiras

Xestión e limpeza de abono para manter a hixiene e cumprir coa normativa.

Encargámonos da retirada, transporte e aplicación do abono de forma segura e respectuosa co medio. Ademais, limpamos esterqueiras e fosas para evitar acumulacións que poidan causar problemas sanitarios ou legais.

Axudámosche a manter a túa granxa en orde e en cumprimento coa normativa vixente.

Recollida de leña para autoconsumo

Axudámoste a recoller e preparar leña para o inverno.

Ofrecemos servizo de corte, recollida e preparación de leña para o seu uso doméstico.

Facilitamos un aproveitamento da madeira dispoñible e entregamos a leña lista para o seu almacenamento e uso durante os meses máis fríos.

Preparación de terras e prantación

Laboreo e sementeira para sacarlle o máximo rendemento á terra.

Preparamos o solo para novas colleitas. Realizamos labores de arado, gradeado e sementeira, sempre adaptados ao tipo de cultivo e ao estado da terra.

O obxectivo é conseguir un terreo fértil, ben preparado e produtivo.

Prantación e colleita de patacas, millo e horta

Facilitamos os traballos agrícolas en cada campaña.

Dámosche apoio en todas as fases da produción: desde a prantación ata a recollida final. Traballamos con cultivos habituais como patacas, millo e produtos da horta.

Axudámosche a facer máis sinxelo o traballo.

Por que
confiar en nós?

  1. Experiencia real no sector
  2. Compromiso co traballo ben feito
  3. Dispoñibilidade todo o ano
  4. Atención personalizada